O MESÓN-MUSEO XENTE NO CAMIÑO está ubicado á beira do Camiño Inglés, en PRESEDO (ABEGONDO). Mostra ó mundo a imaxe dos galegos do mundo antigo e medieval a través dos debuxos aqueolóxicos e pinturas (ademais de numerosos traballos de investigación) de Alfredo Erias, doutor en Historia da Arte pola Univ. de Santiago de Compostela, director da Biblioteca, Arquivo, Museo das Mariñas e Anuario Brigantino do concello de Betanzos.